CCOO insta á Corporación e centrais sinidicais a aprobar a VPT no mes de xullo
Si se acepta a proposta de CCOO acádase unha RPT equitativa, armonizada e obxectiva onde desaparecerán as inxustizas actuais, incluída a dos factores que se igualan por enriba, ao tempo que se reduce á metade a brecha salarial entre o específico máis alto e o máis baixo
O pasado luns, 15 de maio, no discurso de toma de posesión do persoal que promocionou, o Presidente da Deputación fixo público o seu compromiso para que a nova RPT que resolva as desigualdades existentes a través da Valoración de Postos de Traballo, será unha realidade a 1 de xaneiro de 2018 o máis tardar. Aínda que valoramos moi positivamente o compromiso público do Presidente e entendemos que queira dar unha data con "prazo de seguridade" para evitar un posible incumprimento, consideramos que é factible reducir os tempos.
Xa que logo, CCOO insta á corporación e demais centrais sindicais a ter aprobada a Valoración de Postos de Traballo no mes de xullo. Consideramos que xa transcorreu tempo dabondo para ter rematados os traballos e por tanto cumpre convocar á Comisión de Valoración de Postos de Traballo, para facer os axustes metodolóxicos necesarios, aprobar unha matriz definitiva, confeccionar a memoria xustificativa e rematar a valoración.
A proposta de Valoración de Postos de Traballo presentada por CCOO á corporación en abril cumpre coas as expectativas do persoal axustándose á legalidade e ás restricións orzamentarias. Tratase dun concienzudo traballo técnico que significou a dedicación total durante un ano dunha persoa da nosa sección sindical con experiencia en valoración de postos de traballo (VPT) en distintos concellos da provincia, co apoio puntual doutra persoa tamén con experiencia nestes procesos e coa validación dos resultados pola propia sección sindical a través do seu grupo de traballo. O resultado é unha VPT que non so cumpre coa legalidade e as restricións orzamentarias, senón que promove unha organización administrativa máis eficaz para poder prestar servizos máis eficientes aos concellos e á cidadanía tal e como demanda a corporación. Debido á coherencia retributiva entre postos, tanto horizontal como verticalmente, que a pesar da situación de partida, se acada, a nosa VPT eríxese na ferramenta definitiva de Recursos Humanos para evitar que se poidan producir desigualdades entre postos no futuro, xa que a partir de agora todo cambio debe pasar pola matriz da VPT e por tanto está suxeito á obxectividade e equidade deste proceso.
Si se acepta a proposta de CCOO acádase unha RPT equitativa, armonizada e obxectiva onde desaparecerán as inxustizas actuais, incluída a dos factores que se igualan por enriba, ao tempo que se reduce á metade a brecha salarial entre o específico máis alto e o máis baixo, pasando do "1 a 8" actual a "1 a 4". È dicir que o posto con maior específico non chega a superar en catro veces ao que teña o menor específico, un obxectivo moi ambicioso que beneficia á inmensa maioría do persoal (por exemplo UGT propón acadar un "1 a 5": Es intención de UGT que ningún puesto de trabajo se valore su complemento específico por debajo del 20% del más alto), polo que esperamos contar co seu apoio a nosa proposta, cos matices que consideren oportunos, mantendo así a liña colaborativa entre ambas as dúas centrais sindicais e poder rematar canto antes a VPT.