CCOO presenta a súa proposta de VPT diante da Comisión de valoración
CCOO demostrou diante da comisión de Valoración de Postos de Traballo que coa súa proposta acádase unha RPT equitativa, armonizada, obxectiva e axustada á legalidade que cumpre coas expectativas do persoal
O pasado mércores 7 de xuño houbo reunión da Comisión de Valoración de Postos de Traballo para que as centrais sindicais presentasen as súas propostas de valoración. Tan só UGT e CCOO presentaron e defenderon as súas propostas.
CCOO demostrou diante da comisión de Valoración de Postos de Traballo que coa súa proposta acádase unha RPT equitativa, armonizada, obxectiva e axustada á legalidade que cumpre coas expectativas do persoal, incluída a problemática dos factores que se igualan por enriba (algo que poñía en dúbida UGT no seu último comunicado), ao tempo que se reduce á metade a brecha salarial entre o específico máis alto e o máis baixo, pasando do "1 a 8" actual a "1 a 4". È dicir que o posto con maior específico e igual a catro veces o que teña o menor, un obxectivo moi ambicioso que beneficia á inmensa maioría do persoal. Precisamente este punto, xunto coas eivas en canto a equidade que detectamos na proposta formulada por UGT, supoñen as a maiores diferenzas existentes entre ambas as dúas propostas dende o punto de vista da política sindical.
Durante a defensa da proposta de Valoración de Postos de Traballo, CCOO acreditou un impecable traballo técnico, así como a consistencia da matriz resultante onde se valoran máis de 150 postos de traballo. Efectivamente para poder presentar un traballo serio é necesario crear a matriz completa con todos os postos de traballo existentes e as súas posibles variantes. Posteriormente hai que desenvolver a ardua tarefa de valorar todos os postos, detectar incosistencias no sistema de valoración, estudar a situación e aplicar a mellor solución sobre a matriz, repetindo este proceso unha e outra vez ata que se obteña un resultado final global coherente e consistente. De non facelo así, estariamos abocados a presentar unha proposta na que non se puidera asegurar a súa consistencia, nin a súa coherencia, non poderíamos nin tan sequera asegurar que resolvemos os grandes problemas de partida como a factorización parcial do cadro de persoal. Aplicando o sistema anteriormente descrito chegamos a desenvolver nove modelos de matriz, decantándonos finalmente polo oitavo que é á nosa actual proposta, o que supón a versión 8.9.
Convencidos da solvencia da nosa proposta, non nos limitamos a defender a proposta e amosala parcialmente en proxeccións, senón que ademais entregamos a documentación a cada membro da comisión para permitir o seu estudo e posterior debate. Neste sentido, lamentamos que a proposta de UGT só a puidésemos ver parcialmente en diapositivas. Máis do pouco visto e dito, aínda que valoramos moi positivamente o seu traballo, observarmos que a proposta está inacabada (a matriz non incorpora todos os postos de traballo e moito menos as súas variantes), asemade detectamos eivas técnicas que poden provocar certa falta de obxectividade, así como algunhas inconsistencias que deben ser resoltas para que a súa proposta puidese ser viable. Sobre a coherencia vertical e horizontal preferimos non pronunciarnos pois so amosaron a matriz da súa valoración por uns poucos segundos e so puidemos decatarnos de certos detalles.