Estás en:Emprego
Durante o ultimo trimestre do ano manterase o Complemento de Produtividade co mesmo importe que o resto do ano mentres xa se cobra o novo CE

Explicación dos novos emolumentos tras a aprobación da VPT

A pesares dos intentos de torpedear o proceso, producindo un retardo de máis dun ano, a recente nómina de outubro xa reflicte a valoración pola que tanto pelexou CCOO.

Explicación dos novos emolumentos tras a aprobación da VPT

Como ven puideches observar o pasado venres a Corporación fixo entrega da nómina correspondente ao mes de outubro, na que xa se observa a repercusión da Valoración de Postos de Traballo (VPT) sobre o Complemento Específico (CE).

A pesares dos intentos de torpedear o proceso, producindo un retardo de máis dun ano, a recente nómina de outubro xa reflicte a valoración pola que tanto pelexou CCOO. A CIG, unha vez máis, intentou pospoñer o acordo de valoración, nesta ocasión ata que a Comisión de VPT debatese as alegacións unha a unha (actuación que impediría que o incremento salarial se reflectise na nómina de outubro e seguramente en todo o ano 2018, co que se perdería parte, senón a totalidade da partida de VPT para o ano), algo ao que a Corporación negouse rotundamente. Ante esta situación a CIG, que recoñeceu que non tivera tempo para estudar as alegacións, propuxo que se aprobasen todas (esta actuación implicaría unha redución do CE para todo o persoal que non presentou alegacións, a grande maioría, pois habería que reducir o valor punto para poder asumir o custe das ditas alegacións). Nin UGT, nin CCOO, nin ningún sindicato, votamos sobre as alegacións posto que a mesa convocada tan só era para dar conta da resolución das alegacións por parte da Corporación (como se pode observar na acta que achegamos).

Hai que lembrar que tanto CIG, como UGT, como CCOO, logo de anos de traballo, estudo de postos e negociación, votamos en xullo a favor da valoración que se ven de aprobar definitivamente (cos seus pros e contras). A seriedade e coherencia é sinal de identidade en CCOO, por tanto non imos a entrar no xogo de rasgarnos as vestiduras para intentar quedar ven con todos e todas. Na nosa decisión prevaleció o ben da inmensa maioría.

Durante o ultimo trimestre do ano manterase o Complemento de Produtividade co mesmo importe que o resto do ano mentres xa se cobra o novo CE, debido a que a achega da Corporación á VPT (1.250.000€) semella suficiente para cubrir o último trimestre do ano, sen ter que utilizar os cartos da partida de produtividade.

No 2019, mantense o novo específico incrementado resultante da valoración e, aínda que o complemento de produtividade verase reducido nun terzo, suporá un importante incremento salarial para case todos. Isto é así, grazas a última negociación mantida fai unha semana na que conseguimos que a redución da produtividade a o 25% da actual (consensuada, fai anos como punto de partida para o proceso de VPT), quedase finalmente no 65%, grazas a unha nova achega da Corporación de arredor dun millón e medio de euros e á exclusión do sistema de produtividade do persoal eventual, acordada en mesa e pendente de aprobación plenaria. En todo caso, seguimos a traballar e negociar coa Corporación melloras salariais para todos os postos, pero en especial para aqueles que saen peor parados, que esperamos acadar no primeiro semestre de 2019.

Simulación posto administrativo tipo (horario e circunstancias estándar)

CE ata 9/18                        471,85 €/mes      6.605,90 €/ano
CE dende 10/18                 881,29 €/mes    12.338,10 €/ano
Incremento CE                   409,44 €/mes      5.732,20 €/ano
Produtividade 2018            203,75 €/mes      4.890 €/ano (con 50% liquidación)
Produtividade 2019            131,83 €/mes      3.164 €/ano (cálculo estimado)
Diferenza Produtividade     -71,92 €/mes     -1.726 €/ano
Incremento salario 2019  337,52 €/mes     4.006,20 €/ano

Puxemos de exemplo o caso do posto de administrativo, pero o sistema é válido para calquera outro posto, tendo en conta o CE resultado da valoración e a produtividade (segundo o Complemento de Destino da persoa que ocupa o dito posto), ambos os dous son datos que aparecen na nómina de outubro.

Os cálculos de produtividade son baixo circunstancias estándar, polo que hai que ter en conta que depende da situación de cada traballador (baixas, e-tempo, cumprimento de obxectivos...), asemade, no importe da liquidación a percibir inflúen o total de descontos no cadro de persoal xa que eses remanentes repártense entre todo o cadro de persoal).

Estase a estudar a posibilidade de incrementar o anticipo a conta ao 75 ou 80% (agora é o 50%), neste caso o importe mensual de produtividade en 2019 practicamente sería o mesmo que o actual, obviamente a liquidación final descendería do actual 50% ao 25 ou 20% segundo a porcentaxe que se decida anticipar sexa o 75 ou 80% respectivamente.

Coma sempre estamos a vosa disposición para atender calquera consulta que teñades sobre este asunto ou calquera outro. Si queredes podemos axudarvos a facer os cálculos para o voso posto. Podedes contactar con nos por medio presencial, a través do correo electrónico ccoo@dacoruna.gal ou no móbil 604059986

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X