A Comisión Mixta aproba as bases de estudos e vivenda que incorporan novas melloras
Para promover a equidade nas axudas, CCOO conseguiu que a axuda por compra de dispositivos informáticos nos estudios universitarios se disgregue da axuda por libros e material, pudendo acceder a ambas.
Hoxe, luns 3 de xuño de 2019, reuniuse a comisión mixta de seguimento do Acordo negociado de funcionarios e do Convenio colectivo do persoal laboral para estudar as bases de axudas de estudos e vivenda propostas pola Corporación.
A comisión mixta aproba as bases de axudas de estudos co voto favorable de CCOO, CSIF e UGT e a abstención de CIG. Tamén se aprobaron as bases de vivenda, neste caso por unanimidade. Agora falta que reciban os informes pertinentes de intervención, polo que esperamos se publiquen en breve, neste sentido insistimos na necesidade de tramitar o máis rápido posible o expediente tal e como moitos de vos nos estades a demandar.
Pola nosa banda propuxemos unha serie de cambios que melloraban as bases. Algúns foron aceptados como por exemplo que as axudas por estudos oficiais de música e danza, non só se apliquen aos centros públicos senón tamén aos concertados e igualmente para os estudos de linguas. Tamén conseguimos ampliar a axuda de libros e material para os estudos de doutoramento. Lamentablemente non conseguimos obter un sistema máis xusto e progresivo como levamos anos demandando, tampouco aceptaron o resto de centrais sindicais que recibisen axuda complementaria aqueles estudos dirixidos á capacitación para o exercicio da profesión, como nos casos da avogacía ou o profesorado.
A axuda por compra de dispositivo informático esténdese aos ciclos medio e superior de Formación Profesional e ao bacharelato. Esta axuda se dará unha única vez por alumno, contra factura e ata un máximo de 550€. A proposta de CCOO era que se universalizase a axuda de compra de dispositivo informático para todos os estudos, incluíndo os estudos da ESO. Mais acordamos esta solución de compromiso, xa que UGT propoñía unha extensión só a Bacharelato sobre a proposta da Corporación que era para o Ciclo Superior da Formación Profesional. Así, aínda que non se acadou a universalidade como propoñiamos, conseguimos incluír tamén aos grados medios de Formación Profesional.
Para promover a equidade nas axudas, CCOO conseguiu que a axuda por compra de dispositivos informáticos nos estudios universitarios se disgregue da axuda por libros e material, pudendo acceder a ambas.