Estás en:Emprego
CCOO iniciará unha rolda de contactos co resto de sindicatos na procura dun acordo, logo de presentar á Corporación unha Valoración do Complemento de Destino realista, tecnicamente acreditada e coherente coa valoración do Complemento Específico

CCOO presenta a súa proposta de valoración do Complemento de Destino

A valoración do Complemento de Destino desenvolvida por CCOO establece o incremento dun nivel para todos os postos que non se atopan no máximo e incluso máis para os postos con niveis baixos ou os que se atopaban desaxustados con outros postos similares.

CCOO presenta a súa proposta de valoración do Complemento de Destino

Logo de que o 6 de xullo de 2018 se aprobase en Mesa Xeral, sen oposición de ningunha central sindical, a Valoración dos Postos de Traballo (VPT) en canto ao Complemento Específico, CCOO púxose a traballar na consecución do seguinte fito marcado no Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2016-2019, a segunda fase da VPT, tal e como os vimos anunciando en distintos comunicados. Dedicamos medio ano a definir a VPT en canto ao Complemento de Destino e a estudar como abordar a Carreira Profesional.

CCOO iniciará unha rolda de contactos co resto de sindicatos na procura dun acordo, logo de presentar á Corporación unha Valoración do Complemento de Destino realista, tecnicamente acreditada e coherente coa valoración do Complemento Específico. Logo da presentación que realizamos á Corporación e a boa aceptación da nosa proposta que intuímos nas distintas xuntanzas realizadas nestas últimas semanas estamos convencidos que podería ser aprobada de inmediato si recibe un mínimo apoio sindical. A proposta presentada basease nos factores xa aprobados na comisión de valoración e consiste nun manual de valoración e un cadro resumo de niveis, calculado en base ao manual, deixando o desenvolvemento da matriz completa de todos os postos á elaboración colectiva xunto cos sindicatos que desexen participar. Semella necesario que as centrais sindicais sexamos áxiles na procura de acordos pois a Valoración do Complemento de Destino debería aprobarse inicialmente no Pleno do mes de marzo, debido á prema que provocan as eleccións municipais de Maio. Así pois, temos un calendario tremendamente axustado que require de máxima responsabilidade por parte dos representantes dos traballadores a traballadoras.

A valoración do Complemento de Destino desenvolvida por CCOO establece o incremento dun nivel para todos os postos que non se atopan no máximo e incluso máis para os postos con niveis baixos ou os que se atopaban desaxustados con outros postos similares. Obviamente aqueles postos que se atopan no máximo legal establecido non poden incrementar niveis. Así pois, o resultado da dita valoración non so cumpre cos obxectivos sindicais que dende CCOO nos tiñamos marcado, senón que aspirarmos a chegar a acordos sindicais a lo menos con UGT, con quen semella que defendemos posturas similares, xa que no seu comunicado do 1 de outubro de 20018 propoñía "elevar un nivel do complemento de destino da totalidade de postos base".

Froito do estudo da organización do traballo, así como do cadro de persoal e as súas funcións, xurde a proposta para crear unha nova figura (que podería denominarse Xefatura de Departamento ou Adxuntía a xefatura de sección) mediante a transformación de todas as Xefaturas de Negociado ocupadas por persoal A1/A2, trátase dun novo posto que abre novas oportunidades organizativas para mellorar a eficiencia dos servizos, permite un correcto e equitativo desenvolvemento da valoración do Complemento de Destino e abre novas oportunidades de cara á promoción do persoal. Neste sentido propoñemos que a partir da creación desta nova figura, as Xefaturas de Negociado sexan de acceso exclusivo a persoal C1 e B para facilitar a promoción destes grupos que na actualidade están a competir en relación de desigualdade co persoal do grupo A.

CCOO aposta por aplicar unha Carreira Profesional mellorada á da Xunta, con mais ingresos para os tramos inferiores, ampliación de graos e redución dos períodos de pago no sistema extraordinario, onde interinos e laborais participen en igualdade cos funcionarios de carreira. Asemade propoñemos incorporar o grao 3 ao sistema extraordinario para mellorar o período de transición. Estamos traballando nun sistema que cumprindo as ditas premisas, non so se axuste a dereito máis que o propio desenvolvido pola Xunta, senón que sexa mais xusto e sinxelo de aplicación e necesite dunha dotación orzamentaria que entre dentro dos parámetros da lóxica e do sentido común para que non so sexa aceptada pola Corporación, senón que poida ser aprobada sen reparos de ningún tipo.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X