Convocada a Comisión para valorar o Complemento de Destino
CCOO presentará a súa proposta sobre o complemento de destino na reunión da Comisión de Valoración de Postos de Traballo. Proposta que establece o incremento dun nivel para todos os postos que non se atopen no máximo e incluso máis para os postos con niveis baixos ou que se atopaban desaxustados con postos similares.
Máis vale tarde que nunca, e aínda que levamos preto de ano e medio de atraso, esperamos que a segunda fase da valoración de Postos de Traballo (VPT), correspondente ao nivel do Complemento de Destino (CD), se poida aprobar en breve.
A Comisión de Valoración de Postos de Traballo vaise reúnir, a solicitude de CCOO, para tratar o Complemento de Destino. Actuación pendente de executar segundo o plan de ordenación de recursos humanos 2017-2019, que no punto catro establece que a segunda fase da VPT consiste en analizar e asignar os niveis de CD en base aos criterios de especialización, responsabilidade, competencia e mando. Dende CCOO, levamos tempo demandando a convocatoria da devandita comisión, incluíndo un rogo na última Mesa Xeral de Negociación celebrada fai máis dun mes, o 6 de marzo.
CCOO presentará a súa proposta sobre o complemento de destino na reunión da Comisión de Valoración de Postos de Traballo. Conscientes de que a lexislatura está a rematar e que, entre outros, tiñamos este importante tema pendente. CCOO traballou durante medio ano nun modelo de VPT de CD, modelo que vos presentamos no comunicado do 19 de febreiro e que tivo boa acollida tanto entre as centrais sindicais como na propia Corporación. A pesares de que na rolda de contactos entre as centrais sindicais que realizamos, cumprindo co compromiso adquirido para dinamizar o proceso, atopámonos importantes apoios, estes non foron unánimes o que lamentablemente provocou unha ralentización do proceso, máis unha vez convocada a Comisión esperamos que a VPT do CD se aprobe en breve.
A proposta de CCOO establece o incremento dun nivel para todos os postos que non se atopen no máximo e incluso máis para os postos con niveis baixos ou que se atopaban desaxustados con postos similares, apesares de que, froito da rolda de contactos fixemos axustes na nosa proposta para incluír diversas propostas que se nos formularon, o resultado final apenas varía da proposta que vos presentamos fai dous meses e que se pode resumir en:
√ Incrementar un nivel para todos os postos nos que o permite a lei
√ Incrementar máis dun nivel ás Agrupacións Provisionais
√ Incrementar máis dun nivel a certos postos que se atopaban con nivel inferior a postos similares