Estás en:Emprego
A falta de apoio sindical imposibilita a aprobación dunha valoración do complemento de destino que beneficiaba claramente ao cadro de persoal

Única proposta de valoración do Complemento de Destino na Comisión

CCOO presentou na comisión de valoración de postos de traballo, reunida a solicitude nosa, a súa proposta de valoración do complemento de destino que significaría o incremento dun nivel para todos os postos e incluso máis para os postos con niveis baixos ou que se atopen desaxustados con postos similares.

Única proposta de valoración do Complemento de Destino na Comisión

O pasado venres, 12 de abril, reuniuse a Comisión de Valoración de Postos de Traballo (VPT) para tratar o concernente ao Complemento de Destino (CD), actuación pendente de executar segundo o Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2017-2019 que no punto catro establece que a segunda fase da VPT consiste en analizar e asignar os niveis de CD en base aos criterios de especialización, responsabilidade, competencia e mando.

CCOO presentou na comisión de valoración de postos de traballo, reunida a solicitude nosa, a súa proposta de valoración do complemento de destino que significaría o incremento dun nivel para todos os postos e incluso máis para os postos con niveis baixos ou que se atopen desaxustados con postos similares. Obviamente, os postos que xa se atopen no nivel máximo legal, no terán incremento.

A falta de apoio sindical imposibilita a aprobación dunha valoración do complemento de destino que beneficiaba claramente ao cadro de persoal. Conscientes de que a lexislatura está a rematar e que, entre outros, tiñamos este importante tema pendente. CCOO traballou durante medio ano nun modelo de VPT de CD, modelo que vos presentamos no comunicado do 19 de febreiro e que tivo boa acollida por parte da Corporación. Mais apesares da dita boa acollida e de que a Corporación tiña amosado a súa vontade de aprobar a valoración do Complemento de Destino neste mandato, a falta de apoio sindical á única proposta existente sobre VPT de CD tira ao traste coa posibilidade do incremento dun nivel xeneralizado para o cadro de persoal. Unha magoa, pero pola nosa parte non puidemos facer máis: traballamos meses nunha proposta favorable e factible, reunímonos coa Corporación, mantivemos unha rolda de contactos con todas as centrais sindicais, tal e como nos comprometeramos, fixemos axustes na nosa proposta para incluír diversas consideracións que nos formularon e durante o desenvolvemento da Comisión insistimos unha e outra vez en que estabamos dispostos a negocialo todo.

O Deputado de persoal afirmou ao remate da comisión que estaba disposto a aprobar unha proposta de Carreira Profesional formulada polas centrais sindicais de xeito consensuado, integrando as disintas propostas sindicais xa que durante o desenvolvemento da comisión a Carreira Profesional incorporouse constantemente ao debate. As centrais sindicais recollemos o guante tendido polo Deputado e xa estamos debatendo e traballando na consecución dun acordo que permita aprobar as bases da Carreira Profesional antes de que remate este mandato.

En todo caso, igual que coa Carreira Profeisonal, CCOO seguirá traballando para que se aprobe a valoración do Complemento de Destino en cumprimento ao Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2017-2019.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X