Estás en:Emprego

Cursos de idiomas no EGAP

Cursos de idiomas no EGAP

Desde a sección sindical de CCOO na Deputación achegamos a seguinte información por se fose do teu interese:

- A EGAP publicou no DOGA do 9 de febreiro a convocatoria de diversos cursos de linguas en modalidade presencial, telepresencial ou teleformación: inglés, francés, alemán, italiano, portugués e linguaxe de signos, xerais (distintos niveis) e nalgúns casos de conversación; no caso do inglés, ademais, algúns cursos especializados (ámbito laboral, atención á cidadanía, xurídico para o sector público).

Estes cursos para empregados públicos están abertos especificamente ao persoal da administración local. Todos son de aproveitamento e teñen proba final.

Para máis información: https://egap.xunta.gal/fichanova/id/3866

(ao final da páxina hai unha ligazón á convocatoria no DOG e á matrícula en liña).

O prazo de solicitude é de 10 días desde o seguinte ao da publicación no DOG.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X