Estás en:Emprego

Consideracións sobre a negociación colectiva en canto á Carreira Profesional

A Carreira profeional xa é unha realidade!!! Grazas ao traballo conxunto de UXT e CCOO, o Pleno provincical aprobou o Regulamento de Carreira Profesional. 

Aínda que a negociación sobre a Carreira Profesional estivo bloqueada durante o mandato 2019-2023 debido a que o persoal técnico da Corporación considera que non se axustaría á legalidade o seu desenvolvemento. A Lei de emprego público da Administración Xeral do Estado pactada con UGT e CCOO  (que antes da convocatoria de eleccións xa estaba en trámite parlamentario) e o seu posterior regulamento, semella que posibilitará o desenvolvemento legal da carreira profesional na Deputación da Coruña. Por outra banda, o deputado de persoal comprometeuse a desenvolela unha vez que se aprobe a devandita lei nos termos que a súa regulamentación lle outorgue á Deputación a necesaria seguridade xurídica para a súa aplicación. CCOO, considera a carreira profesional como eixo fundamental das melloras laborais do mandato 2023-2027 e xa leva tempo dialogando co persoal  técnico da Deputación para súa inmediata implantación unha vez se aprobe en Madrid. 

A ampliación da partida para o desenvolvemento da carreira profesional (de 103.000€ a 525.425€) acadada por CCOO e UXT na primeira mesa de negociación desenvolvida coa nova Corporación amosa claramente que o novo deputado de Persoal mantén o compromiso adoptado polo deputadado saínte. 

Consideracións sobre a negociación colectiva en canto á Carreira Profesional

.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X