Estás en:Emprego
A nosa proposta é o suficientemente flexible como para permitir ao persoal gozar dun amplo marxe de teletraballo sen que afecte aos servizos

CCOO exise á Corporación negociar o Teletraballo como se ten comprometido

A proposta de CCOO está dotada dun enxeñoso e flexible mecanismo de compensación que evita que, nestes tempos de crise, a parte económica supoña un impedimento para o desenvolvemento do teletraballo

CCOO exise á Corporación negociar o Teletraballo como se ten comprometido

CCOO esixe á Corporación que cumpra o seu compromiso e comece axiña a negociación para acadar un Regulamento de Teletraballo na maior brevidade posible. Algo que xa teñen acadado outras administracións como a propia Administración Xeral do Estado, a Xunta ou a Deputación de Pontevedra. Na mesa de negociación de xuño, CIG, UGT e CCOO solicitamos comezar a dita negociación. Diante desta solicitude, o Deputado de persoal pediu un tempo para recoller información dos distintos servizos. En CCOO consideramos que xa pasou un tempo máis que prudencial, así o fixemos saber ao Deputado de Persoal na mesa de negociación de novembro onde o solicitamos de novo, unha vez finalizada a negociación dos presupostos e a RPT. Agora, cos orzamentos para o 2022 aprobados inicialmente non hai escusa posible para non comezar a devandita negociación de inmediato.

A proposta de regulamento de teletraballo de CCOO presentada á Corporación por CCOO a principios de ano e o suficientemente flexible como para permitir ao persoal gozar dun amplo marxe de teletraballo sen que afecte aos servizos a cidadanía e aos concellos. Na nosa proposta aplicamos porcentaxes múltiplos de 20 para a súa inmediata asimilación con días da semana si se opta por este formato. Asemade flexibilizamos as porcentaxes de teletraballo dependendo das características dos postos para evitar que o maior impedimento de teletraballo duns lastren as posibilidades doutros. Así, propoñemos as seguintes porcentaxes máximas para aqueles postos susceptibles de ser desempeñados na modalidade de teletraballo:

  • 80% para a meirande parte dos postos
  • 60% para postos bases de atención presencial á cidadanía e servizos esenciais
  • 40% para mandos intermedios a partires de xefatura de sección
  • 20% para postos con funcións de dirección, coordinación ou supervisión, iguais ou superiores a Xefaturas de Servizo


Estas porcentaxes máximas de teletraballo segundo as características dos postos, xestionaranse de xeito que se asegure o número de efectivos en traballo presencial necesario para o correcto funcionamento do servizo. Así, no caso que nun determinado servizo as solicitudes de porcentaxes de teletraballo sexan superiores aplicarase un rigoroso, obxectivo e equitativo sistema de distribución (Art. 8 regulamento proposto).

A proposta de CCOO está dotada dun enxeñoso e flexible mecanismo de compensación que evita que, nestes tempos de crise, a parte económica supoña un impedimento para o desenvolvemento do teletraballo, permitindo á Corporación elixir entre poñer a dispor do persoal os equipos informáticos necesarios ou realizar unha compensación económica, así como flexibilizar no tempo a súa implantación. Inicialmente propoñemos a mesma compensación que o convenio para o persoal do sector bancario pero referido ao SMI, cantidade que poderá ser modificada posteriormente en mesa de negociación. Salientar que a dita compensación non se ve afectada polas restricións orzamentarias do capitulo de persoal xa que é de aplicación no Capítulo II.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X